url

luns, 21 de outubro de 2013

En defensa das pensións

Aos estragos que está a causar o goberno do PP no mundo do traballo e nos dereitos sociais, con continuos despedimentos e a perda de dereitos económicos e laborais, destrución de servizos públicos como educación, sanidade, dependencia, transportes, vivenda,... únese agora o ataque ao sistema de pensións, con recortes de prestacións e medidas que poñen en perigo a súa subsistencia.

Ante esta situación as organizacións sindicais CUT, CNT e CGT, están a manter reunións para organizar mobilizacións conxuntas nas principais cidades de Galiza, pola consecución dun sistema de pensións que garanta a xubilación dos traballadores e traballadoras en condicións dignas.

Estes sindicatos fan un chamamento a colectivos sociais e organizacións de traballadores/as para unirse a estas mobilizacións co fin de conseguir entre todos poñer freo a esta nova agresión á clase traballadora.



Central Unitaria de Traballadores/as (CUT)

Confederación Nacional do Traballo de Galiza (CNT)

Confederación Xeral do Traballo de Galiza (CGT)

Central obreira Galega (COG)

Sindicato Ferroviario - Intersindical (SF)

Sindicato de traballadores e traballadoras do ensino de Galiza (STEG)