url

domingo, 10 de novembro de 2013

Crónica da xornada de loita en defensa das pensións

Este sábado 9 de novembro tiveron lugar as primeiras mobilizacións conxuntas en defensa das pensións artelladas en Galiza polo sindicalismo alternativo (CGT, CUT, CNT, STEG, SF-INTERSINDICAL E COG) e os movementos sociais como parte da iniciativa "Salvemos as pensións" (http://salvemosaspensions.blogspot.com/).

En Ourense, agrupados en "Bloque crítico", desmarcados de partidos políticos e sindicatos institucionais e amarelos, CNT, CGT, CUT, SF e STEG saíron á rúa en defensa das pensións. 50 persoas partiron do edificio da Seguridade Social e percorreron as rúas do casco vello de Ourense para finalizar na Delegación de Goberno, onde se procedeu á lectura dun comunicado conxunto.

En Compostela, algo máis de medio cento de persoas manifestáronse convocados polas organizacións locais CUT, STEG, Asemblea Aberta e CNT e co apoio dos CUO. A manifestación partiu da Porta do Camiño e transcurriu polas ruas da cidade baixo unha intensa chuvia con berros contra a reforma das pensións e a perda de dereitos, facendo chamados á folga xeral e a plantar cara ao capital por parte da clase traballadora. O percorrido rematou na praza do Toural con uns abreviados mítines dos convocantes que destacaron a importancia do traballo conxunto para tentar poñer o freo ao constante dererioro das condicións de vida das traballadoras e traballadores.

En A Coruña, convocados por CGT e CUT, arredor de 50 persoas concentráronse na praza de Portugal onde se deu lectura ao manifesto da iniciativa nun acto marcado tamén polas inclemencias metereolóxicas.


A vindeira moblización será o vindeiro 21 de novembro en Vigo, ás 20h. na praza de Fernando o Católico.


Referencias na prensa:

Entrevista a STEG e CNT o pasado 9 de novembro de 2013 no programa Voz de Sábado en Radiovoz Galiza (accede ao audio en formato mp3).

Compostela: