url

A iniciativa

Aos estragos que está a causar o goberno do PP no mundo do traballo e nos dereitos sociais, con continuos despedimentos e a perda de dereitos económicos e laborais, destrución de servizos públicos como educación, sanidade, dependencia, transportes, vivenda,... únese agora o ataque ao sistema de pensións, con recortes de prestacións e medidas que poñen en perigo a súa subsistencia.

Ante esta situación as organizacións sindicais alternativas e os movementos sociais de Galiza organizámonos para dar unha resposta conxunta na rua das principais cidades de Galiza, loitando pola consecución dun sistema de pensións que garanta a xubilación dos traballadores e traballadoras en condicións dignas.

A mobilización culminará nas manifestacións conxuntas baixo o lema "Salvemos As Pensións" que terán lugar en novembro nas cidades de A Coruña, Compostela, Vigo e Ourense.