url

mércores, 6 de novembro de 2013

Xornadas en defensa das pensións

Os sindicatos CNT, CUT, STEG, SF-INTERSINDICAL, COG E CGT, acordamos saír á rúa en defensa das pensións nas principais cidades de Galicia, en manifestacións baixo o lema “Salvemos as pensións” que se levarán a cabo o sábado día 9 de novembro nas poboacións de A Coruña (12:30h. Praza de Portugal), Santiago de Compostela (11:30h. Porta do Camiño) e Ourense (11h. Edificio Seguridade Social, Parque San Lázaro), e en Vigo o día 21 de novembro (20h. Praza de Fernando o Católico).


Despois de todos os recortes en servizos públicos, a suba da idade de xubilación aos 67 anos, a reforma laboral que permite o despedimento libre e demais agresións contra a clase traballadora, este Goberno lánzase a polas nosas pensións alegando o insostibilidade do sistema segundo o informe duns "expertos" nomeados para tal fin.

Mentres observamos como a clase política se instaura nun sistema de corrupción xeralizada, de prebendas económicas e amíguismos que fan ruborizar ao mundo enteiro, coa pasividade dos sindicatos maioritarios que fan do pacto a súa forma de supervivencia, aos traballadores e traballadoras, aplícansenos baixadas de salarios e pensións e castígasenos ao paro, aos desafiuzamentos, a eliminación e privatización dos servizos públicos, facendo cada vez máis insostible a nosa vida.

É hora de sacalos a todos das súas poltronas de ouro, de recuperar o que é noso e que nos están a roubar con patente de corso emitida polas elites financeiras co soporte dunha democracia burlesca que ri de todas e de todos nos.

Por todo isto, facemos un chamamento á poboación á participación nas manifestacións convocadas o sábado día 9 de novembro en:

    Ourense: 11h. Edificio Seguridade Social (Parque San Lázaro).

    Compostela: 11:30h. Porta do Camiño.

    A Coruña: 12:30h. Praza de Portugal.

E o xoves día 21 de novembro en Vigo ás 20:00h. con saída da Praza de Fernando o Católico.