Este pasado xoves tivo lugar en Vigo a última das mobilizacións enmarcada dentro da inciativa "Salvemos as pensións".
Ás oito da tarde arrancaba a manifestación convocada pola CUT, CGT, SF-Intersindical, STEG e S.Elevación en Vigo. As máis de mil persoas asistentes durante o percorrido corearon distintas consignas nas que se esixía ao goberno a inmediata paralización da campaña de acoso aos nosos/as xubilados/as da emigración.
Na faixa de cabeceira co lema “SALVEMOS AS PENSIÓNS” ían os representantes das cinco organizacións sindicais convocantes. Ó remate da mobilización na Porta do Sol, un compañeiro leu, en nome das diversas organizacións convocantes da manifestación, un manifesto alusivo a necesidade da defensa das pensións, fronte á nova reforma que planificada polo goberno antipopular do PP.
[VIDEO] por Galiza Contrainfo.
Salvemos as pensións!!
Únete a loita contra a reforma das pensións e pola distribución do traballo e da riqueza.
domingo, 24 de novembro de 2013
domingo, 10 de novembro de 2013
Crónica da xornada de loita en defensa das pensións
Este sábado 9 de novembro tiveron lugar as primeiras mobilizacións conxuntas en defensa das pensións artelladas en Galiza polo sindicalismo alternativo (CGT, CUT, CNT, STEG, SF-INTERSINDICAL E COG) e os movementos sociais como parte da iniciativa "Salvemos as pensións" (http://salvemosaspensions.blogspot.com/).
En Ourense, agrupados en "Bloque crítico", desmarcados de partidos políticos e sindicatos institucionais e amarelos, CNT, CGT, CUT, SF e STEG saíron á rúa en defensa das pensións. 50 persoas partiron do edificio da Seguridade Social e percorreron as rúas do casco vello de Ourense para finalizar na Delegación de Goberno, onde se procedeu á lectura dun comunicado conxunto.
En Compostela, algo máis de medio cento de persoas manifestáronse convocados polas organizacións locais CUT, STEG, Asemblea Aberta e CNT e co apoio dos CUO. A manifestación partiu da Porta do Camiño e transcurriu polas ruas da cidade baixo unha intensa chuvia con berros contra a reforma das pensións e a perda de dereitos, facendo chamados á folga xeral e a plantar cara ao capital por parte da clase traballadora. O percorrido rematou na praza do Toural con uns abreviados mítines dos convocantes que destacaron a importancia do traballo conxunto para tentar poñer o freo ao constante dererioro das condicións de vida das traballadoras e traballadores.
En A Coruña, convocados por CGT e CUT, arredor de 50 persoas concentráronse na praza de Portugal onde se deu lectura ao manifesto da iniciativa nun acto marcado tamén polas inclemencias metereolóxicas.
A vindeira moblización será o vindeiro 21 de novembro en Vigo, ás 20h. na praza de Fernando o Católico.
Referencias na prensa:
Entrevista a STEG e CNT o pasado 9 de novembro de 2013 no programa Voz de Sábado en Radiovoz Galiza (accede ao audio en formato mp3).
Compostela:

- [VIDEO] http://www.crtvg.es/informativos/manifestacion-en-santiago-contra-a-reforma-das-pensions-696508
- http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/289745-medio-centenar-personas-se-manifiesta-santiago-reforma-pensiones?lang=gl
- http://www.europapress.es/galicia/noticia-medio-centenar-personas-protestan-santiago-contra-reforma-pensiones-recorte-derechos-20131109132348.html
- http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/medio-centenar-personas-protestan-reforma-pensiones-recorte-derechos/idEdicion-2013-11-09/idNoticia-836368/
- http://www.farodevigo.es/galicia/2013/11/09/decenas-personas-claman-santiago-recortes/911389.html
mércores, 6 de novembro de 2013
Xornadas en defensa das pensións
Os sindicatos CNT, CUT, STEG, SF-INTERSINDICAL, COG E CGT, acordamos saír á rúa en defensa das pensións nas principais cidades de Galicia, en manifestacións baixo o lema “Salvemos as pensións” que se levarán a cabo o sábado día 9 de novembro nas poboacións de A Coruña (12:30h. Praza de Portugal), Santiago de Compostela (11:30h. Porta do Camiño) e Ourense (11h. Edificio Seguridade Social, Parque San Lázaro), e en Vigo o día 21 de novembro (20h. Praza de Fernando o Católico).
Despois de todos os recortes en servizos públicos, a suba da idade de xubilación aos 67 anos, a reforma laboral que permite o despedimento libre e demais agresións contra a clase traballadora, este Goberno lánzase a polas nosas pensións alegando o insostibilidade do sistema segundo o informe duns "expertos" nomeados para tal fin.
Mentres observamos como a clase política se instaura nun sistema de corrupción xeralizada, de prebendas económicas e amíguismos que fan ruborizar ao mundo enteiro, coa pasividade dos sindicatos maioritarios que fan do pacto a súa forma de supervivencia, aos traballadores e traballadoras, aplícansenos baixadas de salarios e pensións e castígasenos ao paro, aos desafiuzamentos, a eliminación e privatización dos servizos públicos, facendo cada vez máis insostible a nosa vida.
É hora de sacalos a todos das súas poltronas de ouro, de recuperar o que é noso e que nos están a roubar con patente de corso emitida polas elites financeiras co soporte dunha democracia burlesca que ri de todas e de todos nos.
Por todo isto, facemos un chamamento á poboación á participación nas manifestacións convocadas o sábado día 9 de novembro en:
Ourense: 11h. Edificio Seguridade Social (Parque San Lázaro).
Compostela: 11:30h. Porta do Camiño.
A Coruña: 12:30h. Praza de Portugal.
E o xoves día 21 de novembro en Vigo ás 20:00h. con saída da Praza de Fernando o Católico.

luns, 21 de outubro de 2013
En defensa das pensións
Aos estragos que está a causar o goberno do PP no mundo do traballo e nos dereitos sociais, con continuos despedimentos e a perda de dereitos económicos e laborais, destrución de servizos públicos como educación, sanidade, dependencia, transportes, vivenda,... únese agora o ataque ao sistema de pensións, con recortes de prestacións e medidas que poñen en perigo a súa subsistencia.
Ante esta situación as organizacións sindicais CUT, CNT e CGT, están a manter reunións para organizar mobilizacións conxuntas nas principais cidades de Galiza, pola consecución dun sistema de pensións que garanta a xubilación dos traballadores e traballadoras en condicións dignas.
Estes sindicatos fan un chamamento a colectivos sociais e organizacións de traballadores/as para unirse a estas mobilizacións co fin de conseguir entre todos poñer freo a esta nova agresión á clase traballadora.
Central Unitaria de Traballadores/as (CUT)
Confederación Nacional do Traballo de Galiza (CNT)
Confederación Xeral do Traballo de Galiza (CGT)
Central obreira Galega (COG)
Sindicato Ferroviario - Intersindical (SF)
Sindicato de traballadores e traballadoras do ensino de Galiza (STEG)

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)